Volve Chayanne, actuará na Coruña tras unha década sen tocar en España

O cantante Chayanne regresa a España despois de 10 anos de ausencia cunha xira que percorrerá diferentes cidades españolas ao longo de abril de 2020, entre elas A Coruña o día 26.

|

É unha das grandes estrella da música latina, coñecido pola espectacularidade das súas postas en escena e os seus bailes


O cantante Chayanne regresa a España despois de 10 anos de ausencia cunha xira que percorrerá diferentes cidades españolas ao longo de abril de 2020, entre elas A Coruña o día 26.


Chayanne



A xira 'Desde a alma' comezará en Valencia, onde ofrecerá o seu primeiro concerto o 17 de abril na Praza de Touros da Cidade do Turia.

Coñecido por realizar unhas xiras "espectaculares" de gran formato colgando o cartel de esgotado alá onde vai, os seguidores de Chayanne terán a oportunidade de velo en directo en España cando se cumpren 10 anos do seu último circuíto nacional, sinala a organizción.

Tras o concerto de Valencia seguiralle o do Palau Sant Jordi de Barcelona, o WiZink Center de Madrid, o Estadio Olímpico da Cartuxa de Sevilla, a Praza de Touros de Murcia e A Coruña.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE