Marisco e froitos secos, principais "ameazas" das alerxias do Nadal en Galicia
HM Hospitais lembra que os cambios nos hábitos alimentarios nestas datas provoca que, en non poucas ocasións, as persoas alérxicas ou intolerantes a algún alimento consuman produtos que van contra a súa saúde. Ademais, nestas datas, ao consumir máis alimentos novos e variados, maniféstanse alerxias que descoñeciamos.
HM Hospitais lembra que os cambios nos hábitos alimentarios nestas datas provoca que, en non poucas ocasións, as persoas alérxicas ou intolerantes a algún alimento consuman produtos que van contra a súa saúde. Ademais, nestas datas, ao consumir máis alimentos novos e variados, maniféstanse alerxias que descoñeciamos.
Os alimentos do Nadal poden provocar a aparición de alerxias
Marisco, turrón, mazapanes, carnes especiadas...os menús do Nadal son tan variados como alerxias e intolerancias hai. É por iso que en Nadal, co cambio nos nosos hábitos alimentarios adoitan manifestarse máis casos de alerxias, xa que tendemos a consumir produtos que conteñen alimentos que provocan reaccións alérxicas novas ou que xa sabemos que podemos sufrir.
Neste contexto, HM Hospitais lembra que para non visitar os xa de por se concorridos servizos de urxencias as persoas que padecen este tipo de alerxias ou intolerancias deben ser coidadosos á hora de lanzarse a comer os plastos típicos destas datas e asegurarse de que ningún dos seus compoñentes poden poñelos en risco.
CASE DOUS MILLÓNS DE ALÉRXICOS
"Calcúlase que en España hai case dous millóns de persoas alérxicas a algún alimento ou a algún dos seus compoñentes. O leite, os cereais, os ovos, o peixe, o marisco, os froitos secos… adoitan provocar a maioría das reaccións coñecidas e son, precisamente, algúns dos que máis se consomen durante as festas do Nadal, polo que estes días, nos que se adoita comer fóra de casa e cocíñase con ingredientes non habituais na nosa dieta, hai que ter especial coidado", insisten desde HM Hospitais, onde o alergólogo Ildefonso Luna, doutor no Hospital HM Rosaleda en Santiago de Compostela, recalca que nestas datas "debutan" algunhas alerxias.
Probas para detectar alerxias
"Por falta de tempo, e porque nos reunimos con numerosos familiares comemos produtos procesados e xa cociñados nos que ás veces a etiquetaxe non é correcto. Ademais, realizamos máis comidas fóra de casa e non estamos seguros do que se consome. Son datas nas que os restaurantes e tendas de comida precociñada teñen exceso de traballo, o que fai que sexa máis fácil que se produza un descoido e haxa unha contaminación cruzada", argumenta o alergólogo
PREVENCIÓN
Ademais de consultar ben as cartas dos establecementos de restauración para saber exactamente que produtos utilizan en cada prato, desde HM Hospitais recomendan ser especialmente coidadoso cos máis pequenos, que nestas datas tenden a probar alimentos novos e estar atentos á aparición de síntomas como picores, ronchas, dor abdominal, mareos ou dificultade respiratoria, polos que debería ser atendidos por un especialista.
Nese sentido, para as persoas que xa fosen diagnosticadas, o doutor Luna sinala que é beneficioso levar sempre consigo a "medicación de urxencia" indicada, ademais de ser meticulosos en comidas e ceas.
Escribe o teu comentario