A fin da austeridade de Feijóo? A Xunta segue cun déficit maior ao de media das autonomías (gráficos)

O déficit de Galicia aumentou ata 352 millóns de euros nos dez primeiros meses do ano, o que supón o 0,54% do Produtor Interior Bruto (PIB), segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Facenda.

|

O presidente da Xunta sempre se presentou como un bo xestor das contas públicas, en contraposición co suposto malgasto da esquerda. Con todo, os datos de Facenda indican que a Xunta leva tempo superando o déficit da media das autonomías.


O déficit de Galicia aumentou ata 352 millóns de euros nos dez primeiros meses do ano, o que supón o 0,54% do Produtor Interior Bruto (PIB), segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Facenda



Déficit de Galicia ata outubro



Deste xeito, Galicia está por encima do déficit da media de comunidades (do 0,35% do PIB), así como do obxectivo de déficit marcado para este ano (do 0,1%).



Deficit comunidades

Variación do défici de Galicia (en azul) e do conxunto de autonomías (en marrón)


En comparación co mesmo período de 2018 o déficit galego dispárase, xa que por entón a Comunidade contaba cun superávit de 226 millóns (+0,36%). Se a comparativa faise co mes anterior (de setembro) sobe de 279 a 352 millóns, así como do 0,43% ao 0,54% do PIB.

As comunidades autónomas rexistraron un déficit de 4.428 millóns de euros nos dez primeiros meses do ano, o 0,35% do PIB, fronte ao superávit de 1.632 millóns do ano pasado, cando supuxo o 0,14% do PIB.


De feito, só catro comunidades presentaron superávit ata outubro: Canarias (+0,87%), Navarra (+1,16%), A Rioxa (+0,02%) e País Vasco (+0,9%). O resto rexistraron déficits, con Castela-A Mancha á cabeza (-1,42%).

O déficit do Estado reduciuse un 6,2% nos once primeiros meses do ano, ata os 10.987 millóns de euros, o que supón o 0,88% do PIB, fronte ao 0,97% do mesmo período do ano pasado, aínda que o déficit do conxunto de administracións públicas, excluíndo as corporacións locais, subiu un 35% entre xaneiro e outubro, ata os 17.577 millóns de euros, o 1,41% do PIB.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE