Estes son as posibles cruces de Celta, Pontevedra e Dépor e así quedaron todos os galegos na Copa do Rey


Nesa próxima rolda, só o Pontevedra poderá xogar en casa, se Pasarón recupérase dos danos sufridos no temporal; pois Dépor e Celta volverán competir como visitantes. 


|

Nesa próxima rolda, só o Pontevedra poderá xogar en casa, se Pasarón recupérase dos danos sufridos no temporal; pois Dépor e Celta volverán competir como visitantes.



Celta juan hernandez partido copa azagresa celta 2019 2020

Un dobrete de Juan Hernández serviu aos celestes para vencer na Planila

 

Xornada de fútbol entre semana, esta vez tocou a copa do Rey e non todo foron boas noticias para os equipos galegos.


O primeiro dos galegos en tocar terreo de xogo foi o Coruxo, que nun apaixonante partido, que terminou perdendo por 4 goles a 5, empezou gañando, para ver como lle remontaban, volver remontar e en tempo engadido, recibir un gol que poñía as táboas no marcador e obriga a levar o partido a prórroga con empate a catro. Un resultado que co codigo bono inkabet superaba os vinte euros a marcador exacto.


Co duro pau de ser empatados en tempo de desconto, os locais vían escapar o paso a terceira rolda de Copa do Rey, ao recibir un quinto gol na súa portería no minuto 119, outra vez a falta dun minuto, esta vez, para ir a penaltis. Duro pau pero emocionante partido o vivido no Campo de O Vao.


Ese mesmo día, o pasado martes, o Deportivo da Coruña poñía a primeira vitoria dos equipos galegos en segunda rolda da Copa da súa Maxestade, cun resultado de 0 a 2 ante o Illueca que lle permite acabar coa mala serie de partidos sen gañar que acumula na liga, a peor de toda a súa historia. Este resultado foi un bo estímulo para uns xogadores en horas baixas ao ver como non acompaña a sorte e o moito que custa perforar a portería rival. De feito, conseguíronlle gañar o venres ao Tenerife 2-1 en Riazor. No bombo da Copa do Rey espéralles o Unionista Salamanca de Segunda B.


Un día despois, o mércores quenda para o Lugo, que tras terminar o tempo regulamentario e extra con empate a un no marcador ante o Sestao River, perdía finalmente por 6 goles a 5, terminada a quenda de penas máximas.


Quenda para os celestes o xoves, en descenso na primeira división pero con opcións de saír da mala serie encadeada semanas atrás, tras o xogo mostrado nas últimas xornadas, estar a só un partido da salvación e conseguir pasar de rolda ao gañar no campo do Pena Azagresa por cero goles a dous, xa que o Celta de Vigo xogou como visitante.Os celtiñas aínda non teñen rival, pendentes do desenlace final do Mérida contra o Lanucía, pero deberían ser favoritos, en todo caso, para superar a próxima rolda.


Con dúas derrotas e dúas vitorias, chegaba o partido doutro galego, o Racing de Ferrol, que por desgraza, perdeu na súa visita ante o Raio Majadahonda pola mínima, un a cero.


Así terminou para os galegos os seus senllos partidos na segunda rolda de Copa do Rey, a falta do partido do Pontevedra ante a Unión Deportiva Eivissa, que se disputará o próximo oito de xaneiro. Ao vencedor espéralle na seguinte rolda o Albacete en Segunda División.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE