Unha familia morre por inhalar gas dun xerador eléctrico en Curtis
Tres persoas morreron este domingo na súa vivenda da parroquia de Fisteus, en Curtis (A Coruña), por inhalación de monóxido de carbono procedente dun xerador de corrente.
A familia podería ser unha das miles que recorre a xeradores ante a caída da luz

Lugar do suceso nunha imaxe da crtvg
Os mortos son un matrimonio de octoxenarios, que foron localizados falecidos na súa cama; e o fillo de ambos, de 52, que se atopaba nun garaxe no que estaba a funcionar un xerador de corrente a combustible, que se baralla como posible causa da intoxicación.
Fuentes da investigación apuntan a que a vivenda podería sufrir un corte de electricidade, o que motivaría que os ocupantes empregasen o xerador.
No operativo participaron efectivos do GES da localidade, axentes da Garda Civil e Bombeiros de Betanzos, así como persoal sanitario do 061 e integrantes do grupo de intervención psicolóxica en catástrofes, para atender aos familiares dos falecidos.
Escribe o teu comentario