O temporal Fabien forza a suspensión de todos os partidos de fútbol en Galicia o sábado
A Real Federación Galega de Fútbol decidiu suspender todos os partidos programados para este sábado debido ás condicións meteorolóxicas que se esperan.
Hai alerta vermella en todo o litoral e alerta laranxa en todo o interior de Galicia. Ante tales perspectivas, a entidade que dirixe Rafael Louzán prefire curarse en saúde.
Unha aliñación da SD Compostela
A entidade que preside Rafael Louzán anunciou a súa decisión a través dunha mensaxe publicada na tarde deste venres na conta oficial da RFGF.
Deste xeito, ante a previsións meteorolóxicas, todos os partidos de fútbol programados en Galicia quedaron suspendidos.
Escribe o teu comentario