Viaqua e Cruz Vermella suman forzas para que os nenos máis desfavorecidos teñan xoguetes educativos
Este é o obxectivo da doazón de xoguetes educativos e inclusivos por parte de Viaqua á Cruz Vermella de Santiago.Representantes de Viaqua e da Cruz VermellaLos destinatarios son os 38 menores que reciben apoio socioeducativo na Cruz Vermella compostelá.
Lograr que os nenos das familias máis desfavorecidas poidan xogar como os demais e, así, desarrolar as súas capacidades. Este é o obxectivo da doazón de xoguetes educativos e inclusivos por parte de Viaqua á Cruz Vermella de Santiago.
Representantes de Viaqua e da Cruz Vermella
Os destinatarios son os 38 menores que reciben apoio socioeducativo na Cruz Vermella compostelá. Ademais do xoguete educativo achegado pola empresa de xestión de augas, a propia institución regaloulles tamén un libro.
Viaqua destaca que son xoguetes de carácter educativo, non bélico e que fomentan a igualdade de xénero e o xogo cooperativo, non competitivo. Acompañía entende que o seu papel vai máis aló que xestionar un servizo público e debe tamén contribuír ao desenvolvemento social tanto mediante iniciativas propias como con alianzas, como esta con a Cruz Vermella.
Escribe o teu comentario