Coruñeses promoven o Club de Empresarios de Galicia como alternativa ao tocado Club Financeiro Atlántico


O dominio, clubempresariosgalicia.es foi rexistrado o luns día 9, o mesmo día que saltou a noticia do concurso de acredores, a nome de Grupo Astef SL, segundo figura na información oficial de Red.es consultada por Galiciapress. 


|

Ao Club Financeiro Atlántico, o lobby dunha parte a elite empresarial da Coruña, acáballe de xurdir un  potencial relevo, xusto cando entra en concurso voluntario de acredores.


Xa está en marcha, web incluída, o lanzamento de o Club de Empresarios de Galicia. Segundo informa Economía Dixital, a nova organización promóvena "socios do propio Club Financeiro" e xa hai "máis de 200" empresarios apuntados.



Club financeiro atlu00e1ntico

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella,  nun acto no Club, cuxo presidente é Mariano Gómez-Ulla, sentado o primeiro á esquerda


Quen está detrás desta iniciativa? O certo é que a web non aparece contacto algún, a pesar de recoller datos persoais a través dun formulario. 


DOMINIO DUNHA EMPRESA DE JOSÉ LLORENTE RAMOS

O dominio, clubempresariosgalicia.es foi rexistrado o luns día 9, o mesmo día que saltou a noticia do concurso de acredoresa nome de Grupo Astef SL, segundo figura na información oficial de Red.es consultada por Galiciapress. 


Astef ten como propietario a José Alberto Llorente Ramos, segundo datos do Rexistro Mercantil publicados por empresia.es. Este empresario ten outra sociedade, G.E.T.P. LLORENTE SL dedicada a servizos de peritaxe e taxacións. No seu perfil de Linkedin, móstrase como director de GET Insurance Solutions, do centro de negocios cng(solutio) Centro de Negocios Galicia e de Peritaxes Galicia.  Por outra banda, o "tecnólogo" José Antonio Ferreira Dapía é un dos impulsores do novo Club, segundo o citado dixital.  


PROBLEMAS QUE VEÑEN DE ATRÁS

O Club Financeiro explicou a súa crise polos problemas co novo principal accionista do dono da sede, quen ao parecer aspira a subir o aluguer ata un punto inasumible . En todo caso, non é a primeira vez que o Club patronal atravesa problemas. En 2017 a Xustiza sacou a poxa as accións da empresa que explotaba as instalacións ante a falta de pagamento de créditos. 


O Club de Empresarios de Galicia preséntase cun decálogo, cuxo primeiro punto é "de empresarios e profesionais, para empresarios e profesionais". O seu ámbito non parece ser só herculino, pois di que terá sede na Coruña, estará "comprometido con Galicia" e será "independente, sen vinculación política".










Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE