A portería do Celta de Vigo está en mans…da enfermería
Todos os cérberos do equipo vigués han caído lesionados este curso, o que obrigou a Fran Vieites a dar o salto do filial ao primeiro equipo para completar as convocatorias.
Todos os cérberos do equipo vigués han caído lesionados este curso, o que obrigou a Fran Vieites a dar o salto do filial ao primeiro equipo para completar as convocatorias.
Sergio Álvarez non reaparecerá ata o ano que vén
As luvas que máis van ver os porteiros do Celta de Vigo son os dos enfermeiros. A portería do conxunto olívico está baixo mínimos e as lesións de Sergio Álvarez e Iván Villar obrigaron a Óscar García a completar a convocatoria co canteirán Fran Vieites, porteiro do Celta B.
As lesións acosaron aos seteiros do Celta esta tempada de forma alarmante. O primeiro en caer foi Rubén Blanco, que se perdeu os duelos ante o Vilarreal e o Real Valladolid. Sergio, que coa lesión do seu homólogo e o cambio de adestrador parecía regresar á loita pola titularidade, caeu lesionado esta semana durante os adestramentos. Unha escordadura de xeonllo terao no dique seco entre un mes e medio e dous meses, polo que o seu concurso pola pelexa na portería non será ata o ano que vén.
Así, Sergio súmase na enfermería a Villar, que xa ante o Vilarreal foi convocado a pesar de ter unha rotura de menisco, que o obrigará a estar entre algodóns o mesmo tempo que o ‘Gato de Catoira’. Con eles, comparten sesión cos doutores Denis Suárez, Juncà, Beauvue e Pape, tamén con lesións de diversa consideración. Mouriño pode pedirlle aos Reyes máis camas para acoller a tanto convalecente.
Escribe o teu comentario