O SERGAS terá máis difícil cubrir prazas precarias: os médicos de familia de Vigo non formarán novos MIR

Entre elas, "non recibe MIR de primeiro ano no ano 2020", aínda que si "seguir coa docencia dos MIR actuais".Potencialmente, é un golpe moi duro para o SERGAS. A Sanidade Pública leva anos tendo moitos problemas para cubrir baixas e substituciones en Atención Primaria, en parte polo precario dos contratos que ofrece.


|

O conflito en Atención Primaria do SERGAS segue moi candente, polo menos en Vigo. A asemblea de galenos deste servizo nesta urbe aprobou "propoñer a celebración dunha manifestación na cidade de Vigo de ámbito autonómico".


Concentración de médicos e pediatras de Atención Primaria no Centro de Saúde de Rosalía de Castro, en Vigo.


Concentración de médicos nun centro de saúde vigués durante a folga


Está por ver se os grandes sindicatos súmanse á manifestación, cuxo lema proposto é “Pola dignidade da atención primaria e o apoio social á sanidade pública”. Hai que ter en conta que varias plataformas tamén manexaban mobilizacións ao fío do polémico peche do paritorio de Verín.


A Asemblea de Médicos de Atención Primaria de Vigo votou o luns por unanimidade outras medidas. Entre elas, "non recibe MIR de primeiro ano no ano 2020", aínda que si "seguir coa docencia dos MIR actuais".


Potencialmente, é un golpe moi duro para o SERGAS. A Sanidade Pública leva anos tendo moitos problemas para cubrir baixas e substituciones en Atención Primaria, en parte polo precario dos contratos que ofrece. Se os novos MIR non poden completar a súa especialización como médicos de familia, a escaseza de novos galenos dispostos a contratos temporais aumentará, sobre todo se noutras áreas sanitarias seguen o exemplo vigués.


A Asemblea tamén votou por unanimidade "instar os médicos de atención primaria a non realizar ningunha prolongación tras a súa esgotadora xornada laboral obrigatoria". Un dos motivos da pasada folga nos centros de saúde é que moitos galenos arrastran días con 60 pacientes para atender. A folga tivo un seguimento desigual en Galicia -o SERGAS falou dun 12%- pero unha gran incidencia nalgunhas áreas sanitarias como Vigo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE