​A Coruña é a provincia galega con máis ollos vermellos

A Enfermidade do Ollo Seco é unha doenza que sofren preto de 300.000 galegos, sendo A Coruña a provincia con máis afectados por esta molesta doenza causada polo noso estilo de vida, cada vez máis dependente das pantallas e dos ambientes secos. 


|

A Enfermidade do Ollo Seco é unha doenza que sofren preto de 300.000 galegos, sendo A Coruña a provincia con máis afectados por esta molesta doenza causada polo noso estilo de vida, cada vez máis dependente das pantallas e dos ambientes secos.


Ollos vermellosOllos vermellos


Ollos vermellos, picor, lagrimeo, visión borrosa, cansazo…Estes son algúns dos moitos síntomas que provoca a Enfermidade do Ollo Seco (EOS), unha enfermidade que só en Galicia padecen unhas 300.000 persoas, sendo A Coruña a provincial con maios prevalencia da enfermidade, cun 42% dos afectados segundo a Sociedade Española da Superficie Ocular e Córnea.


O noso estilo de vida e ambientes cada vez máis contaminados son algúns dos motivos que provocan que esta enfermidade atópese en franco crecemento. Neste contexto, as mulleres son as máis afectadas, xa que os cambios hormonais son un hándicap á hora de poder facer fronte de forma natural a esta enfermidade, especialmente a partir dos 50 anos. De feito, os profesionais cifran nun 10% o aumento de casos nos próximos 5 anos.


Os profesionais advirten desta enfermidade pode derivar en lesións na córnea e conjuntiva. Por isto, desde a compañía ‘L’Aflixín’, que conta cun tratamento avanzado para curar a doenza, puxeron en marcha a campaña ‘Ilumina os teus ollos’ para tratar de sensibilizar á poboación da importancia de realizar revisións para poder ter canto antes un diagnóstico correcto e un tratamento adecuado. A campaña conta con prezos especiais en clínicas da Coruña en test específicos desde este 16 de decembro ata xaneiro de 2020.


CONSELLOS

Para facer fronte a esta irritante doenza, os profesionais recomendan non abusar das pantallas de computador, móbiles ou tabletas electrónicas, así como evitar na medida do posible ambientes con calefacción ou aire acondicionado, que benefician a aparición dos síntomas.


Unha maior hixiene ocular, hábitos saudables, máis descanso visual ou incorporar á nosa dieta alimentos ricos en vitaminas A, E e C así como Omega 3 e antioxidantes

son algunhas das recomendacións que fan desde o sector para combater a EOS. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE