Hai alternativas para que Endesa As Pontes funcione sen carbón, insiste en presidente da Deputación da Coruña
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, pediu "compromiso" á Xunta, ao Goberno e a Endesa para garantir o futuro da central térmica, segundo expuxo ao ser preguntado polos xornalistas por unha próxima reunión entre as partes a próxima semana.
O futuro da industria xógase nunha reunión este martes. González Formoso lembra que Endesa dixo que era viable tecnicamente manter a planta con outros combustibles e reclama á Xunta e á empresa que movan ficha.
O alcalde das Pontes e presidente provincial, Valentín González Formoso, pediu "compromiso" á Xunta, ao Goberno e a Endesa para garantir o futuro da central térmica, segundo expuxo ao ser preguntado polos xornalistas por unha próxima reunión entre as partes a próxima semana.
Gonzalez Formoso
ENDESA DIXO QUE TECNICAMENTE ERA VIABLE
"Temos que ser capaces de concretar unha alternativa que substitúa o carbón, haina", sentenciou a este respecto aludindo aos "biocombustibles" e á realización dunhas probas "que saíron viables".Con todo, dixo que fai falta a colaboración da Xunta para "establecer un sistema que permita valorizar enerxéticamente eses lodos e biocombustibles".
"E o compromiso do Ministerio e de Endesa, que teñan vontade de levalo a cabo", engadiu tras asistir, na súa condición de secretario provincial dos socialistas coruñeses, a unha reunión de alcaldes socialistas da provincia.
Escribe o teu comentario