A galega Ana Pastor vicepresidenta dunha Mesa do Congreso na que entra Vox
O elixido foi Ignacio Gil Lázaro, que xa foi membro da Mesa entre 2004 e 2015, cando militaba no PP.
Batet, presidenta da Cámara outra vez, mentres que Cidadáns queda fóra da Mesa do Congreso, ao fracasar o pretendido cordón sanitario contra Vox
Batet entrega o seu voto ao presidente da mesa de idade do congreso
Vox logrou a Vicepresidencia Cuarta do Congreso nas votacións da sesión constitutiva da Cámara, pois os partidos só puxeron en liza catro candidatos para catro prazas e a formación de Santiago Abascal, cos seus 52 deputados, non tivo competencia para lograr a súa cota.
O elixido foi Ignacio Gil Lázaro, que xa foi membro da Mesa entre 2004 e 2015, cando militaba no PP.
Nas votacións, o PSOE colocou a Alfonso Rodríguez Gómez de Celis como vicepresidente primeiro; o PP, sumando a Cidadáns, situou á pontevedresa Ana Pastor como segunda; e Unidas Podemos, co apoio dos independentistas de ERC e Junts, a Gloria Elizo como terceira.
Escribe o teu comentario