O Celta de Óscar non brilla no festival de luces de Vigo
Os celestes non pasan dun insulso empate a cero ante un Real Valladolid que concedeu moi pouco aos locais.
Os celestes non pasan dun insulso empate a cero ante un Real Valladolid que concedeu moi pouco aos locais.
Aidoo remata un balón parado
É difícil competir contra as luces de Nadal de Vigo, pero o Celta ten moito máis potencial que o demostrado onte en Balaídos. Os pupilos de Óscar García non foron capaces de superar a meta de Masip, que estivo moi acertado ao longo de todo o encontro, do mesmo xeito que Sergio Álvarez, que tamén se mantivo imbatido. Un punto insuficiente para os locais que seguen en postos de descenso, mentres que o Reao Valladolid regresou a Valladolid con in valioso puntiño que os mantén lonxe do perigo.
O partido arrincou co cadro blanquivioleta mellor posicionado e máis agresivo. Co paso dos minutos os visitantes foron perdendo ambición pero nunca a orde tácticou que os levou a ser un equipo competitivo e enchufado os noventa minutos no encontro, aínda que nunca dispuxeron de ocasións claras de perigo.
O Celta, en cambio, foi de menos a máis, e foi minguando ao Valladolid como unha pinga malaya. Só dous erros de Salisu permitiron a Iago Aspas ter algo parecido a un man a man, pero Masip interveu con dúas boas mans que evitaron que rompese a igualada. Un disparo afastado de Sisto tamén obrigou ao cérbero para estirarse para manter o empate.
Xa na segunda parte o mal tempo e o paso dos minutos foi desgastando aos dous conxuntos, que se refrescaron cos cambios. Nese aspecto, Óscar García gañou o duelo de xadrecistas con Sergio, xa que os cambios melloraron a imaxe do Celta. A entrada de Rafinha e ‘Toro’ Fernández deu ás ao cadro olivíco nun intercambio de golpes onde sempre fallaron nos metros finais. Santi Mina, ao bordo do minuto 90, tivo a mellor ocasión do encontro, pero o seu disparo desde a frontal foise bicando o pau e a bancada quedou sen ver goles noutra chuviosa noite viguesa.
O empate final sabe a pouco aos vigueses, que con todo suman dúas xornadas seguidas sumando e aos poucos empézase a notar a man do técnico catalán no equipo. A falta de que conclúa a xornada, os celestes atópanse a un punto da salvación e a semana que vén danse cita co pechacancelas. En Butarque están obrigados a brillar máis que en Vigo, onde as protagonistas seguen sendo as luces.
Escribe o teu comentario