Naturgy impulsa un transporte máis limpo e barato inaugurando unha gasinera en Santiago

E é que o gas natural vehicular, ademais de ser máis limpo, é máis barato.


|

O grupo presentou este martes unha nova estación de gas natural en Mercagalicia, xa ten outra no Polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) e anuncia dous máis Vigo e Vilalba (Lugo). 


Desde hoxe o transporte por estrada en Galicia pode ser menos contaminante grazas ao compromiso de Naturgy e Staroil. Estas dúas compañías presentaron hoxe a primeira gasinera de Santiago de Compostela, situada nun dos lugares máis frecuentados polos camioneiros galegos, Mercagalicia.


O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o delegado de Naturgy en Zona Norte-Portugal, José Antonio Sánchez Loureda, inauguran unha estación de carga de gas natural.



Ao situala dentro do principal mercado de froitas e verduras de Galicia , é evidente que a estación dispón de un valor estratéxico para darlle un necesario impulso aos combustibles menos contaminantes e loitar así contra o cambio climático.  Ademais, Mercalicia está próximo a o centro da capital e a 5 minutos da Ap9, o que lle servirá para atraer aos transportistas que viaxan a miúdo entre Galicia e Portugal.


E é que o gas natural vehicular, ademais de ser máis limpo, é máis barato. Segundo datos de Naturgy, o custo por quilómetro é ao redor dun 30% menor que o do gasóleo, un 50% menor que a gasolina e un 20% menor que o gas licuado do petróleo (GLP). 


NON SÓ PARA CAMIÓNS

Esta instalación, apta para vehículos lixeiros e pesados, sitúase no Polígono do Tambre --o maior polígono industrial da capital galega--, e na súa inauguración estivo presente o delegado de proxectos de mobilidade zona norte-Portugal de Naturgy --antiga Gas Natural Fenosa--, José Antonio Sánchez Loureda, quen destacou a "importancia desta estación" por ser a primeira "urbana", segundo as súas palabras, xa que o polígono atópase "pegado" á cidade.

MENOS CONTAMINANTE
O delegado da empresa responsable da implantación deste tipo de estacións tamén valorou o uso do gas natural como combustible pola súa "importancia económica pero, sobre todo, ambiental", xa que supón a "redución do óxido de xofre, o óxido de nitróxeno e as partículas canceríxenas que con outro tipo de combustibles prodúcense".


Gasinera naturgy staroil Santiago Mercagalicia



En concreto, segundo un comunicado da empresa, "o gas natural vehicular emite un 75 por cento menos de óxidos, evita un 30 por cento de emisións de dióxido de carbono e reduce a 0 as de partículas canceríxenas".

PALABRAS DAS AUTORIDADES
Tamén estivo presente na inauguración, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, quen sinalou que "esta nova gasinera supón un paso máis no compromiso da compañía para avanzar na transición a modelos de enerxías limpas no transporte".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que tamén acudiu á presentación, engadiu que, desde o concello, "farán unha aposta polo gas natural licuado no transporte público" e prevén "abrir outra estación no lugar onde se estacionan os autobuses, que empezará a estar operativa a partir do ano 2021".

PLAN DE FOMENTO DE MOVILIDAD DE NATURGY
A creación desta estación de subministración de gas natural, forma parte do plan de fomento de mobilidade de Naturgy, co que, segundo explicaron nun comunicado, ten como obxectivo "potenciar o uso do gas natural como combustible" e situalo "como principal alternativa sustentable aos derivados do petróleo".

Desta forma, están a levar a cabo un "plan de expansión na rede de gasineras" para así "atender o aumento da demanda nos próximos anos e reforzar a dispoñibilidade deste combustible no mercado".

"Nos próximos meses abrirase unha estación de gas natural comprimido no centro urbano de Vigo e outra de gas natural comprimido e licuado en Vilalba (Lugo)", sinalou, na presentación, o delegado de Naturgy. Ademais, desta última engadiu que "ten a diferenza" de que poderá encher nela un camión pesado de 40 toneladas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE