O océano devolve sete anos despois a placa dun policía que morreu rescatando a un mozo na Coruña

O mar devolveu o carné profesional e a placa policial dun dos axentes falecidos na 'traxedia do Orzán', ocorrida en xaneiro de 2012 nesta praia coruñesa cando tres policías nacionais morreron ao tentar rescatar a un mozo eslovaco, que tamén faleceu.

|

Javier López López é un dos tres 'heroes de Orzán', os axentes afogados cando tentaban rescatar a un estudante eslovaco na Coruña. A súa placa, carné e carteira exhibiranse nun museo policial por decisión da familia.


O mar devolveu o carné profesional e a placa policial dun dos axentes falecidos na 'traxedia do Orzán', ocorrida en xaneiro de 2012 nesta praia coruñesa cando tres policías nacionais morreron ao tentar rescatar a un mozo eslovaco, que tamén faleceu.


Carteira e documentción dun dos axentes mortos na 'traxedia do Orzán'


O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, e o xefe superior de Policía de Galicia en funcións, José Luis Balseiro, deron a coñecer este martes o achado, na praia de Riazor, de varios efectos persoais do axente Javier López López, falecido ese día xunto a outros dous compañeiros.

Ambos mostraron os obxectos na Delegación do Goberno tras haberllo comunicado aos familiares do axente e despois de que unha cidadá atopase unha carteira que contiña no seu interior unha placa policial e un carné profesional co nome de Javier López López, un dos tres axentes de policía que faleceron mentres auxiliaban a un mozo que se meteu no mar na madrugada do 27 de xaneiro de 2012.

IRÁN A UN MUSEO DA POLICÍA
Javier Losada explicou que, tras falalo coa familia, a Policía Nacional trasladará estes obxectos ao Museo da Policía que se sitúa na comisaría de Lonzas (A Coruña) para formar parte dos fondos históricos do Corpo na Comunidade galega. "Quero agradecer á familia a súa xenerosidade", engadiu

Por outra banda, dixo que, co achado dos mesmos, "o mar devólvenos unha historia exemplar e de gran profesionalidade". "Permítenos volver homenaxear aos tres policías e, neles, a toda as Forzas e Corpos de Seguridade", apostilou.

A 'traxedia do Orzán' sucedeu cando varios axentes auxiliaban ao mozo eslovaco Tomas Velicky, na praia coruñesa do Orzán. Naquela acción faleceron os policías nacionais Javier López López, Rodrigo Maseda Lozano e José Antonio Villamor Vázquez, ademais do novo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE