Estes son os tres médicos especialistas de Galicia entre os 50 especialistas máis valorados en 'Top Doctors' 2019
Tres médicos de Galicia, dous da provincia da Coruña e un da de Pontevedra, atópanse entre os 50 especialistas da medicina privada mellor valorados na VI edición dos Top Doctors Awards.
Tres médicos de Galicia, dous da provincia da Coruña e un da de Pontevedra, atópanse entre os 50 especialistas da medicina privada mellor valorados na VI edición dos Top Doctors Awards.
En concreto, trátase do doutor Roque Devesa Hermida especialista en xinecología e Rafael Arriaza Loureda de Traumatoloxía, ambos da provincia da Coruña; e Manuel Ruibal Moldes de Uroloxía, de Pontevedra.
Roque Devesa Hermida
Esta distinción "recoñece o labor dos especialistas médicos no último ano, valorados polo propio colectivo médico e especialistas de cada área, encargados de realizar o nomeamento a través dun proceso de enquisa aberta dirixida aos profesionais colexiados que queiran participar".
Así mesmo, todos os doutores que forman parte da plataforma pasaron un control de auditoría externa e foron certificados polo que é actualmente o proceso de selección de doutores máis rigoroso do mundo, o cal conta con máis de 25 anos de experiencia, subliñan os impulsores da iniciativa nun comunicado.
Nesta edición, recolléronse un total de 4.500 recomendacións de profesionales, dos que se seleccionaron os 50 máis valorados. Os criterios que os profesionais deben ter en conta á hora de votar son a formación e habilidades clínicas, así como a reflexión da que médico acudiría ou recomendaría ás súas amizades ou familiares. Ademais, téñense en conta as opinións dos pacientes tras o contacto ou visita aos especialistas onde valoran aspectos como o tempo, a atención ou o coidado recibido.
A clasificación por provincias dos Top Doctors Awards 2019 é: Barcelona (8), Madrid (8), Sevilla (3), Málaga (3), Valencia (3), Alacante (3), Las Palmas de Gran Canaria (3), A Coruña (2), Tenerife (2), Valladolid (2) e 13 provincias cun profesional seleccionado. Entre as especialidades médicas máis recomendadas en medicina privada, destacan Uroloxía (con 6 profesionais), Cardioloxía (4) e Ginecología, Traumatoloxía, Cirurxía Xeral e Cirurxía Maxilofacial, (con 3 profesionais cada unha) entre outros.
Escribe o teu comentario