​Agresión homófoba a dúas mozas menores de idade en Carballo por outros menores

Dúas mozas, de 16 e 17 anos, foron vítimas dunha agresión homófoba en Carballo na zona do parque do Anllóns a mans doutros tres menores que as agrediron por bicarse. 


|

Dúas mozas, de 16 e 17 anos, foron vítimas dunha agresión homófoba en Carballo na zona do parque do Anllóns a mans doutros tres menores que as agrediron por bicarse.


Lgtbi


As dúas mozas atopábanse no parque da localidade cando un grupo de tres raparigos, tamén menores, empezoulles a increpar e a insultar por bicarse. Cando estas quixeron irse, os agresores perseguíronas ata propinarlles puñadas e patadas, polas que tiveron que ser atendidas nun centro médico por diversas contusións e hematomas polo corpo e a cara.


Aínda que a agresión ocorreu hai xa unhas semanas, os feitos saen agora á luz despois de que se difundisen en redes sociais imaxes das vítimas despois de recibir a brutal malleira. As mozas non quixeron denunciar a agresión polo medo aos seus agresores e porque non querían que se descubrise a relación que manteñen.


RESPOSTA DE CARBALLO

Unha vez sóubose o ocorrido, a resposta dos veciños e veciñas de Carballo foi inmediata. As mostras de apoio cristalizaron nunha concentración hoxe sábado ante o Casino da localidade ás 16 horas.




O goberno local, pola súa banda, respondeu á agresión emitindo un comunicado en apoio ás menores e mostrando “o seu absoluto rexeitamento” a esta clase de agresións, ademais de reunirse con Observatorio da Coruña contra LGTBTFobia co obxectivo de construír unha sociedade máis tolerante. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE