A Deputación da Coruña concede ao artista Mauro Trastoy o Premio Díaz Pardo

O artista Mauro Trastoy (Ferrol, 1971), coa súa obra titulada '7', gañou o XVI certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña, segundo informa o organismo provincial.

|

O artista Mauro Trastoy (Ferrol, 1971), coa súa obra titulada '7', gañou o XVI certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas da Deputación da Coruña, segundo informa o organismo provincial.


Xurado do XVI Certame Isaac Díaz Pardo
Un xurado composto por Silvia García González, Alberto González-Alegre, David Varro, Almudena Fernández e Manuel Eirís --gañador da edición anterior-- escolleu por unanimidade a obra do artista Mauro Trastoy de entre as 20 finalistas que foran seleccionadas do total das presentadas nesta convocatoria.

Da obra, valorou a calidade da obra presentada "e o resultado de unha singular investigación e experimentación con técnicas relacionadas coa trama e a urda e o quefacer artesanal para facer unha pintura sen pintura".

O artista recibirá agora un premio de 6.500 euros e a súa obra participará xunto coas finalistas na exposición itinerante organizada pola Deputación da Coruña que visitará dez concellos da provincia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE