A Xunta pagará ata o 40% das vacacións a miles de familias mediante o novo programa 'Elixe Galicia'

O Goberno galego pon en marcha 'Elixe Galicia', un programa de estancias turísticas e de lecer dirixido a menores de 30 anos, familias con fillos menores e maiores de 55 anos que nace co obxectivo de promover o turismo interno, desestacionalizar a ocupación hostaleira e favorecer que se coñeza mellor a comunidade.

|

O goberno espera desestacionalizar o aumento do turismo que vive o país mediante 13.000 prazas que se repartirán mediante sorteo.


O Goberno galego pon en marcha 'Elixe Galicia', un programa de estancias turísticas e de lecer dirixido a menores de 30 anos, familias con fillos menores e maiores de 55 anos que nace co obxectivo de promover o turismo interno, desestacionalizar a ocupación hostaleira e favorecer que se coñeza mellor a comunidade.


Trenturisticorenfe

Uno dos trens turísticos que percorre o interior de Galicia



IMPORTANTE INVESTIMENTO A ESTREAR EN ANO ELECTORAL

O proxecto contará cun investimento total de 1,6 millóns de euros por parte do Goberno galego, que financiará o 40 por cento do custo das viaxes. Os usuarios abonarán o 60 por cento, polo que o valor estimado do contrato é duns 4 millóns de euros.

En concreto, o programa para os anos 2020 e 2021 permitirá financiar un mínimo de 12.800 prazas e contará con catro modalidades: vacacións en zonas costeiras, roteiros de patrimonio histórico e cultural, roteiros de natureza e montaña, e estancias en balnearios.

A primeira fase empezará nos próximos días coa licitación do contrato para xestionar e comercializar 'Elixe Galicia' por parte de axencias de viaxes.

A convocatoria para os usuarios abrirase no primeiro trimestre de 2020, para que os usuarios presenten as súas solicitudes e opten a ser beneficiarios do programa.

SELECCIÓN POR SORTEO
Esta selección realizarase por sorteo, con reserva de prazas para colectivos especiais como familias numerosas, persoas con discapacidade ou con baixos ingresos.

A saída inaugural está prevista para o mes de marzo, fóra da tempada alta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE