Problemas nos accesos á cidade da Coruña debido a varios accidentes

Houbo tamén outros tres sinistros, entre eles o atropelo dunha muller cando un coche saía dun garaxe

|

Dous carrís da principal vía de acceso á cidade estiveron cortados desde as oito ata pasadas as dez da mañá do luns


Atasco Alfonso Molina



Os accesos de entrada á cidade da Coruña rexistraron esta mañá importantes retencións por un accidente entre sete vehículos, na avenida de Alfonso Molina, á altura do desvío a Matogrande, segundo informou a Europa Press a Policía Local.






A colisión múltiple

produciuse ao redor das 08,05 horas e unha hora despois aínda existían retencións en Alfonso Molina, en dirección entrada, afectando tamén tamén ás vías que unen a cidade cos municipios de Oleiros, Cambre e Culleredo. Tamén se retardou o tráfico en dirección saída. Ao redor das 10:20 quedaban aberto ao tráfico os carrís cortados en Alfonso Molina.


Gruas Alfonso Molina


MÁIS ACCIDENTES

Unha media hora antes, producíronse tamén na cidade outros dous accidentes. Un deles foi ás 07,30 horas, á altura da zona das Paxarelas, cunha colisión entre dous turismos e unha persoa ferida leve. Este sinistro obrigou ao corte dun carril durante media hora.

O segundo, na zona de Novo Mesoiro, foi o atropelo dun muller cando un coche saía dun garaxe. Tras o suceso, foi trasladada por unha ambulancia do 061 a un centro sanitario.

Ademais, ao redor das 09,00 horas, rexistrouse unha saída de vía na Terceira Rolda. Dous carrís foron cortadas ao tráfico, aínda que pouco despois retomouse a circulación con normalidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE