Dous falecidos, pai e filla, e tres feridos nun accidente en Ames

|

Un accidente entre dous vehículos á altura do municipio de Ames (A Coruña) saldouse con dous falecidos e tres persoas feridas, segundo trasladaron fontes do 112.


Ambulancia



O sinistro produciuse sobre as 14,00 horas na estrada entre Negreira e Bertamiráns, na AC-544, á altura do desvío cara a Brión.

Un particular alertou ao 112 do accidente e de que podería haber varios feridos e persoas atrapadas. O servizo de Emerxencias informou ao 061, Garda Civil, Protección Civil de Ames, Ges de Brión e efectivos de Bombeiros.

Os membros dos corpos de seguridade desprazados confirmaron posteriormente que dúas dos implicados no accidente faleceran e que había outras tres persoas feridas, dúas delas atrapadas e foi necesario excarcerar.


SÁBADO NEGRO

Ademais deste sinistro, este sábado faleceu outra persoa en Brión e un cuarto falecido  nun accidente rexistrado na localidade de Pontecaldelas, en Pontevedra.


Segundo os datos facilitados polo 112, o sinistro produciuse sobre as 15,00 horas na PO-255 e que tanto un particular como o 061 puxéronse en contacto coa central de Emerxencias para advertir de varios atrapados


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress