​A Mesa reclama ao goberno central "garantir os dereitos lingüísticos" xunto a outras sete entidades

Diversas entidades que loitan pola normalización das linguas minoritarias en España veñen de presentar en Madrid un documento de igualdade lingüística para esixir "compromiso" aos partidos políticos pola "liberdade, pluralidade e democracia" nas linguas.


|

Diversas entidades que loitan pola normalización das linguas minoritarias en España veñen de presentar en Madrid un documento de igualdade lingüística para esixir "compromiso" aos partidos políticos pola "liberdade, pluralidade e democracia" nas linguas.


Liberdade pluralidade e democracia en Madrid 04

Representantes das entidades en Madrid


A menos de dúas semanas das eleccións xerais, oito entidades lingüísticas aproveitaron este momento para chamar a atención sobre a situación actual das linguas minoritarias no conxunto do Estado. Mediante un acto en Madrid, representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, Kontseilua, Ciemen, Plataforma per a Llengua, Acción Cultural do País Valencia, Ómnium Cultural, Nogará e Iniciativa pel Asturianu mostraron a súa preocupación pola "vulneración dos dereitos lingüísticos que sufrirían os falantes " no caso de que algúns partidos chegasen ao poder.


Por isto, antes da celebración das eleccións do próximo 10 de novembro, as plataformas esixen "compromisos concretos" para garantir os dereitos lingüísticos dos cidadáns plurilingües.  No documento as entidades achegan "catro premisas e seis compromisos" para reverter unha situación que ten ás linguas minoritarias "en desequilibrio" co castelán.


CAMBIAR A LEXISLACIÓN

"Tal e como sinalou varias veces o Comité de Ministros do Consello de Europa é preciso cambiar a lexislación do poder xudicial para garantir realmente o dereito á defensa de todos os falantes das linguas minoritarias", lembrou Marcos Maceira, presidente da Mesa, quen tamén reprochou que "as discriminacións lingüísticas no Estado español" seguen "en pleno século XXI" publicándose "no BOE/BOE".


"DIQUE DE CONTENCIÓN"

Desde A Mesa e o resto de entidades consideran que os resultados que arroxen as eleccións xerais serán determinantes para garantir os dereitos da cidadanía en materia lingüística e que é necesario crear "un dique de contención" para garantir eses dereitos. O documento chegará proximamente aos partidos para que se posicionen ao redor dos compromisos plasmados no acordo. Na mesma liña, presentaron unha web onde se pode consultar o manifesto e formar parte da "campaña de adhesión". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE