Suspendido o xuízo polo crime de Diana Quer ata o 11 de novembro
O xuízo polo crime de Diana Quer quedou suspendido á primeira hora deste luns tras non poder conformar o xurado popular por falta de candidatos.
O xuízo polo crime de Diana Quer quedou suspendido á primeira hora deste luns tras non poder conformar o xurado popular por falta de candidatos.
O asasino confeso de Diana Quer, José Enrique Abuín Gey
Segundo informou o TSXG, á xornada deste luns estaban convocadas 21 persoas das 20 que esixe a lei. Con todo, dous candidatos expuxeron motivos legais aceptados para non participar, polo que o proceso quedou suspendido. A sesión aprázase ao 11 de novembro.
Pasaron tres anos, dous meses e unha semana desde a desaparición da moza madrileña e esta semana tiña que empezar o xuízo polo secuestro e asasinato de Diana Quer a mans de José Enriquen Abuín Gey, coñecido como 'O Chicle'. Con todo, algo non poder conformar o xurado, o caso aprázase ata dentro de dúas semanas, pasadas as eleccións xerais.
Escribe o teu comentario