Un clan de narcos galegos manexaba un pequeno arsenal

Localizadas en catro vivendas rexistradas máis de 900 dose de heroína e máis de 500 de cocaína e 13,4 quilos de marihuana

|

A perigosidade de "Los Peinados" de Ferrol queda probada pola incautación de armas longas e mesmo un chaleco antibalas, ademais de importantes cantidades de drogas de todo tipo


A subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Pilar López Rioobo, destacou este xoves a "importante operación realizada polos axentes da Policía Nacional" da Comisaría de Ferrol-Narón, en colaboración con outros chegados desde a cidade herculina, "ao incautarse unha importante cantidade de drogas, ademais de armas e os medios dos que dispoñían, mesmo cun chaleco antibalas" no marco dun operativo con oito detidos.


Material intervido no marco da 'Operación Peitee' con 8 detidos en Ferrol.

ARMADOS 
"Móstranos que poderían realizar un intervención, unha guerrilla, cando vaian ser detidos", destacou López Rioobo na sede da Comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón, onde estivo acompaña polo xefe rexional de Operacións e comisario principal, José Luís Balseiro Vigo, que acompañaron ao comisario de Ferrol-Narón, Jorge Rubal.

A Policía levou a cabo un operativo na tarde do pasado luns, 21 de outubro, formado par algo menos de medio centenar de axentes da Policía Nacional e que se desenvolveu no asentamento de 'Los Peinados', situado na estrada de San Pedro de Leixa, en Ferrol, investigado desde principios de ano.

DROGA DE TODO TIPO EN IMPORTANTES CANTIDADES
Entre os efectos aprehendidos, e no que se refire a substancias estupefacientes, foron localizadas nas catro vivendas rexistradas máis de 900 dose de heroína, máis de 500 de cocaína, máis de 200 gramos de haxix, ademais de 13,4 quilos de marihuana.

Tamén foron localizadas 11 armas, das cales sete eran pistolas e catro escopetas, coa munición necesaria para cada unha delas, de distinto tipo e calibre. A iso súmanse 12.080 euros en metálico, repartidos en billetes de 500, 100, 50, 20, 10 e 5 euros, ademais de dous vehículos de alta gama, ambos da marca Audi.

MATERIAL PARA O CORTE
Nas vivendas, que forman parte dun conxunto de casas delimitadas por un mesmo peche de bloque e unha soa entrada, tamén se localizaron substancias de corte e psicoactivas, ademais de diversos utillaje para a venda das substancias, entre as que se localizaron 13 básculas de precisión.

INGRESO EN PRISIÓN
A operación estivo tutelada polo Juzado de Instrución número 1 de Ferrol, que foi tamén quen autorizou os rexistros. O operativo saldouse con oito detidos, cinco homes e tres mulleres.

Tres deles, todos homes, emparentados entre si, dous irmáns e un sobriño de ambos, ingresaron á primeira hora da tarde deste mércores, día 23, na prisión coruñesa de Teixeiro, mentres que os outros cinco foron postos en liberdade con cargos.

ARMAS
O comisario de Ferrol-Naról, Jorge Rubal, destacou, en declaracións aos medios de comunicación, que "as armas localizáronse en dúas dos catro domicilios rexistrados". "Cada vivenda tiña os seus propios clientes, cun goteo constante de clientes que acudían alí a comprar, dentro de cada domicilio, o que supuxo unha dificultade engadida para nós, cunha investigación ardua e con moito tempo", relatou.

O comisario Rubal tamén destacou "a gran cantidade de armas de fogo localizadas (11); catro escopetas e sete armas curtas", ao que se suma un chaleco antibalas. "En caso de ter que entrar, para nós supón unha dificultade maior, sendo isto un salto cualitativo con respecto a outras operacións realizadas", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE