Jácome xustifica quitar protección a 31 vítimas de violencia machista e culpa á súa propia Policía


Democracia Ourensá anuncia que "o alcalde vai reformularse" a decisión de abandonar o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén) . Esta iniciativa protexe ás víctmas de violencia de xénero. En Ourense 31 están resgardadas pola Policía Local. O alcalde Gonzalo Pérez Jácome anunciou onte que o Concello de Ourense deixa o programa, alegando falta de medios.


|

Democracia Ourensá anuncia que "o alcalde vai repensar" a decisión de abandonar o Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén) Esta iniciativa protexe ás víctmas de violencia de xénero. En Ourense 31 están resgardadas pola Policía Local. O alcalde Gonzalo Pérez Jácome anunciou onte que o Concello de Ourense deixa o programa, alegando falta de medios.


O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, en rolda de prensa.




A noticia causou estupor. Non só na oposición, tamén no PP, que mantén a Jácome no poder. O número 2 dos conservadores galegos animou hoxe a Jácome a "reconsiderar a súa posición". Alfonso Rueda, que como conselleiro da Presidencia dirixe a Policía Autonómica, di que a Xunta tamén sofre escaseza de axentes, pero que a loita contra a violencia machista debe ser unha prioridade.


Reunión da xunta local de seguridade de Ourense

Reunión onte da Xunta de Seguridade que preside Jácome


Jácome rectifica, pero a medias. En primeiro lugar, responsabiliza á súa propia Policía Local -coa que mantén un enfrontamento aberto- da decisión. A continuación, anuncia que volverá valorar a situación, o que implica que a decisión non a tomou a Policía Local se non el, como xefe da Xunta de Seguridade.


Nun post de Democracia Ourensá xustifícase ademais que "pretender protexer o que non podemos ou non fariamos ben, sería hipocrisía". Ademais, indícase que foi "a xefa da policìa local de Ourense, que se supón a maior experta no tema, recomendou deixar plenamente a policía nacional e policía autonòmica, a seguridade das vítimas de violencia de xénero".



PARA AS VÍTIMAS NON HAI DIÑEIRO, PARA LUCES DE NADAL SI

A oposición pasa á ofensiva. Cidadáns lembroulle hoxe que, mentres alega falta de medios para protexer a mulleres, dispara o orzamento das luces de Nadal. Ourense gastarase un 80% máis este ano na iluminación do Nadal, case 200.000 euros.


Desde o PSdeG, acúsanlle de "tentar disimular" mediante unha "serie de escaramuzas" o desastre da súa "descisión política". Rodríguez Villarino, líder local,  xa anunciou que pedirá un pleno extraordinario. O líder autonómico, Gonzalo Caballero, instou a Alberto Nuñez Feijóo que faga rectificar ao seu socio ou lle retire o seu apoio.



"Imos ver se a técnica equivocouse", declarou esta mañá o líder localista para xustificar a súa decisión.

relacionada Jácome saca a Ourense dun sistema que protexe a 31 mulleres vítimas de violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE