Que máis pode facer o señor Feijóo para deteriorar o sistema sanitario público en Galicia?

Xosé María Dios Diz
Médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.

Non podemos sair do noso asombro. Cada noticia que coñecemos sobre o Sistema Sanitario Público en Galicia, é pior que a anterior. Agora resulta que a administración do PP en Galicia, vai a permitir que o Hospital POVISA, que da servizo a 137.000 persoas na Área Sanitaria de Vigo, vai ser vendida a Ribera Salud (antiga dona do Hospital de Alzira, na Valencia de Zaplana e do PP máis corrupto de Europa, según o xuiz, cunhas perdas millonarias e agora rescatado para a Sanidade Pública polo novo Goberno Valenciano). Amosamos a nosa enorme preocupación por unha adquisición que pode ter gravísimas consecuencias para a Sanidade Pública Galega, especialmente para a área sanitaria de Vigo. Temos que lembrar que quen compra realmente POVISA é a multinacional norteamericana Centene Corporation, aseguradora privada, propietaria do 90% do capital da Empresa Ribera Salud. Centene dedícase desde hai anos a comerciar coa saúde de boa parte da poboación estadounidense (e a do estado español que lle permite o PP).

A venta de POVISA, é responsabilidade do vigués José Baltasar Silveira Cañizares, presidente do Grupo Nosa Terra XXI, quen negociou con Ribera Salud, empresa xurdida ao calor da política privatizadora do PP de Zaplana e que é controlada pola multinacional de EE.UU, Centene Corporation.


O Concerto Singular vixente ca Xunta, implica @s más de 1.500 emplead@s de Policlínica de Vigo Sociedad Anónima (POVISA) e que se encarga de atender a 137.000 Galeg@s. A factura anual o SERGAS anda polos 500 euros por paciente.


O actual conselleiro delegado de Ribera Salud é Alberto de Rosa Torner, individuo que se presentou na lista do PP de Sueca en 2007. O seu nome quedou salpicado na ola de corrupción que asolou Levante


O actual conselleiro delegado de Ribera Salud é Alberto de Rosa Torner, individuo que se presentou na lista do PP de Sueca en 2007. O seu nome quedou salpicado na ola de corrupción que asolou Levante según deixou ampla constancia a prensa valenciana. Fai tres anos a fiscalía solicitou o xuiz que imputase a De Rosa polo cobro de comisións na implantación de prótese, como marcapasos e outras, en Ribera Salud a través da sua filial B2B.


Pois ben, con estos antecedentes, a adquisición de POVISA, supón un paso máis na estratexia de Núñez Feijoo de poñer a Sanidade Publica Galega en mans do capital privado, como xa fixo coa farmacéutica Johnson and Johnson á que cedeu boa parte da investigación sanitaria galega ou o contrato coa multinacional Medtronic (fabricante de aparellos cardiolóxicos) para xestionar a área do Corazón no Complexo Hospitalario de Santiago ou a externalización de prácticamente todolos servizos dos Hospitais Galegos: lavandería, cociña, limpeza, telefonía, etc. Así como o gran aparataxe (que e, por suposto, o máis caro do sistema) en mans de Galaria (que ten o frente a cesada exconselleira de sanidade, Rocío Mosquera).


Con esta manobra, Centene apoderouse dun centro pertencente á Rede de Hospitais de Utilización Pública que atende unha área de 137.000 habitantes de Vigo, o Morrazo e Valmiñor e que é centro de referencia para o Sur de Galicia. Isto supón a consolidación da privatización de boa parte da atención hospitalaria de Vigo (hai que lembrar que para evitar a quebra de POVISA, ésta conseguiu chantaxear a Xunta para que recortase máis de 400 camas do Hospital Álvaro Cunqueiro).

A empresa multinacional Centene Corporation, adquire un hospital con perdas millonarias (18 millóns de euros entre 2015 e 2018) e que foi rescatado da quebra (Concurso de Acredores) polo SERGAS, mediante a renegociación do Convenio Singular que lle incrementou o diñeiro por habitante, concedéulle máis poboación e perdoóulle o pago da factura farmacéutica deste centro. A pesar destas prebendas, POVISA seguiu recoñecendo perdas millonarias...e a pesar desto Centene Corporation a quere comprar!!!!!! e a Xunta do PP lla deixa comprar!!!!

Centene Corporation, ten entre os seus obxectivos estratéxicos, acceder aos dados sanitarios e xenéticos da poboación (no seu Consello de Administración esta o Vicepresidente Mundial de Microsoft), que grazas a esta compra vai conseguilos, o que non é nada bo para a poboación de Vigo e a súa comarca.


Si a van a comprar por 22 millóns de euros, co presuposto da Xunta de 1.000 millóns, non se podería incluir na Rede Hositalaria Galega? Claro que sí. A Xunta acaba de dedicar 17,5 millóns de euros...a mobiliario e impresoras  


A pregunta que nos facemos, é por qué o Sr. Feijoo e a Xunta de Galicia, non incorporan este Hospital e o pasan directamente a Sanidade Pública Galega? Si a van a comprar por 22 millóns de euros, co presuposto da Xunta de 1.000 millóns, non se podería incluir na Rede Hositalaria Galega? Claro que sí. A Xunta acaba de dedicar 17,5 millóns de euros...a mobiliario e impresoras, que ninguén lles pideu (importante pero moito menos que sustitut@s para @s traballador@s e o desexable rescate deste Hospital punteiro en Vigo).


Qué sucede? que a política do PP vai encamiñada a privatización do Sistema, a deterioralo e cando xá está nas últimas, venderllo a sanidade privada, casi sempre a algún amiguete do PP.

Chamamos á Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e a todas as organizacións que a compoñen a ser belixerantes con este tema. Promoveremos unha gran mobilización, para evitar este novo desastre para Vigo, a súa área sanitaria e para a Sanidade Pública de Galicia.


Co ben máis preciado que temos, a saúde, non se xoga Sr. Feijoo!



Alberto de Rosa de Ribera Salud en una imagen de la CEV


Alberto de Rosa, consejero delegado de Ribera Salud y ex-candidato del PP


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE