Aparece varada unha tartaruga laúde de dous metros no porto de Malpica (A Coruña)

|

Exemplar de tartaruga laúde varado no porto de Malpica (A Coruña)

Un exemplar macho de tartaruga laúde duns dous metros de lonxitude apareceu varado no porto de Malpica (A Coruña), segundo informou a Europa Press o biólogo da coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Alfredo López.

Este experto explicou que se trata dunha especie que nace no caribe pero que se introduce nas correntes do golfo e pasa fronte ás costas galegas.

Así, asegura que esta especie adoita ser observada desde as costas galegas e en ocasións algún exemplar acaba atrapado en aparellos de pesca.

Ante a aparición deste cadáver o luns, persoal do Cemma acudiu este martes o porto de Malpica, do que o Concello xa retirou o cadáver coa colaboración do Cemma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress