A folga na Atención Primaria do SERGAS será o 27 e 28 de novembro

Haberá, ademais, unha gran manifestación en Santiago. O sector segue dividido, pois ningún dos grandes sindicatos súmase por agora á convocatoria. En Vigo haberá catro xornadas de


|

Haberá, ademais, unha gran manifestación en Santiago. O sector segue dividido, pois ningún dos grandes sindicatos súmase por agora á convocatoria. En Vigo terán catro xornadas de folga.


A asemblea de médicos de Atención Primaria reunida onte en Santiago aprobou a convocatoria dun paro para dúas xornadas, que finalmente serán os días 27 e 28 de novembro. Non coincidirán así coas outras dúas xornadas de paro convocadas na área sanitaria de Vigo. 


Parto atencion primaria

Profesionais sanitarios de Vigo secundaron o paro de Atención Primaria | Gregorio García Twitter


En Vigo viviranse pois catro xornadas de paro. As xa convocadas a nivel local, para o 7 e 8 de novembro, a escasísimos días do domingo das eleccións xerais do 10N. Ademais, posteriormente, os galenos poderán secundar a convocatoria galega a finais de mes.


DIVISIÓN DE OPINIÓNS, COMO NA PRIMAVERA

Por agora, ningún dos grandes sindicatos do sector mostrou o seu apoio á convocatoria.  Tampouco a plataforma SOS Sanidade Pública, na que colaboran varios sindicatos, mostrouse a favor da folga.


E é que numerosos colectivos profesionais e sanitarios atópanse traballando con  Sanidade nas comisións do recente plan da Xunta para mellorar a Atención Primaria do SERGAS. Fue o lanzamento deste Plan o que, precisamente, contribuíu a que se desconvocase a pasada folga xeral, lanzada e logo abortada na primavera.


 Unha desconvocatoria que, por certo, non estivo exenta de moitas críticas por parte de profesionais e outros colectivos,  descreídos ante as promesas da Xunta.


Esta desconfianza déixase ver tamén nas declaracións dos convocantes da nova mobilización. Por exemplo, Luciano Garnelo acaba de declarar que "a folga é unha manifestación de que as reivindicacións que mantivemos sobre a sobredemanda e a falta de contratos non se atenderon nada de nada".


O pediatra vigués, un dos xefes de Servizo que dimitiu na primavera, argumenta, en declaracións a RNE, que a convocatoria para o 27 e 28 de novembro busca, precisamente, dar tempo aos "famosos grupos da Consellería" para mostrar os seus avances durante estes meses.


MANIFESTACIÓN O DÍA 26

Ademais da folga, o colectivo de médicos críticos convoca unha manifestación á que chaman a participar a compañeiros de toda Galicia. Será en Santiago o próximo día 26. Ademais, mantéñense os paros de cinco minutos diante dos centros de saúde, paros que se desarrolan diferentes días en cada localidade.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE