Protestas do persoal de limpeza do campus de Pontevedra polas débedas de Star Servizos

O persoal do servizo de limpeza do campus universitario pontevedrés realizou unha concentración ante a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no marco da visita do recto da Universidade de Vigo.


|

O persoal do servizo de limpeza do campus universitario pontevedrés realizou unha concentración ante a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no marco da visita do recto da Universidade de Vigo.


Traballadores pontevedra limpeza campus


Protesta dos traballadores


Na concentración os traballadores reclamaron a Star Sevicios, empresa concesionaria, o abono dos "atrasos pendentes derivados da actualización salarial do convenio colectivo". Desde o sindicato CIG informan que a empresa mantén unha serie de débedas cos seus empregados porque "non actualizou os soldos en base ao convenio pactado".


CIG tamén informa que o convenio provincial de limpeza que se alcanzou o pasado xuño recollía unha "subida salarial con efectos retroactivos para todo 2018 e 2019". "Nese momento produciuse a adxudicación do concurso de limpeza da Universidade de Vigo, no que Star Servizos quedou coa concesión do campus de Pontevedra e de Torrecedeira en Vigo", comunica a nota de CIG, que tamén advirte que a empresa quedou de forma póstuma "fose do concurso por problemas administrativos, e pactou co comité de empresa que non vai pagar os atrasos en tempo e forma, senón que o fará en 12 mensualidades".


"Agora vén de ingresar as nóminas do mes de outubro tamén sen actualizar, polo que as débedas con cada un dos 40 empregados ascenden a ao redor de 1.000 euros", denuncia o sindicato, que reclama medidas contra a empresa como que "lles reteñan a fianza", aínda que de momento non obtiveron resposta  as súas peticións, así como tampouco saben nada da nova empresa adxudicataria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE