Na auga de Corme tamén hai indicios de contaminación fecal, non só hai o xerme causante da gastroenterite

Destaca que a presenza de norovirus e xermes "supera os límites esixidos para garantir a potabilidade da auga"

|

A Xunta detecta a presenza de "bacterias coliformes" e sospeita da presenza de Clostridium perfringens, outro organismo ligado á contaminación por augas fecais


A Consellería de Sanidade asegurou este venres que a analíticas da auga da traída da poboación de Corme-Porto, no concello coruñés de Ponteceso, reflicten "incumprimentos graves" ao "superar os límites legalmente esixidos para garantir a potabilidade".


1280px Clostridium perfringens


Clostridium perfringens nunha imaxe da wikimedia


"Os resultados de móstralas da auga para determinar a presenza de norovirus foron positivos e os resultados doutros parámetros indican as existencia de incumprimentos graves", explicou Sanidade nun comunicado de prensa.


NON SE DEBE BEBER AUGA DA BILLA

Por iso, incidiu en que o departamento sanitario "volverá realizar novos controis na auga da traída municipal". Neste sentido, mantén a recomendación de "evitar a inxesta da auga da traída municipal de Corme-Porto" e o "lavado de alimentos que logo se consomen crus".

Así llo trasladou na mañá deste venres o departamento sanitario tanto ao alcalde de Ponteceso como ao responsable do fornezo da auga tras os resultados das analíticas nas que se detectaron "a presenza de norovirus, bacterias coliformes e a sospeita de Clostridium perfringens por encima dos parámetros legalmente permitidos".


Por mor diso, indican as mesmas fontes, o equipo de expertos constituído pola Consellería de Sanidade para o estudo do brote de gastroenterite, tras valorar os resultados analíticos, ditaminou que "segue sen ser segura a inxesta de auga da traída municipal, así como o lavado e manipulación de alimentos que se consuman crus".



MÁIS RECOMENDACIÓNS
Así mesmo, Sanidade reitera a súa recomendación de medidas preventivas para evitar o contaxio persoa a persoa como lavar ben as mans e lavar a froita e vexetais con auga non contaminada antes de comelas, entre outros consellos.

O departamento autonómico tamén incide en "a necesidade de refugar o vómito e a materia fecal con coidado" para evitar a propagación aérea do norovirus. Tamén aconsella desinfectar as zonas contaminadas co virus con lixivia e usar luvas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE