Investigadores galegos e de EE.UU avanzan na detención temperá de parkinson e alzheimer
Un equipo de investigadores de Santiago e Houston crearon novos sensores metálicos fluorescentes para a detección temperá das primeiras agregacións de proteínas vinculadas ao alzheimer e parkinson.
O CiQUS da Universidade de Santiago e unha universidade de Houston crean sensores fluorescentes que permiten detectar moito antes cando as proteínas que causan estas enfermidades empezan a acumularse
Científicos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC) en colaboración coa Universidade de Rice, de Houston, elaborou uns compostos que se adhiren ás proteínas precursoras de ambas as enfermidades para amplificar a nivel supramolecular un sinal fluorescente.
SEGUINTES PASOS
En base a estes feitos, agora os investigadores teñen o obxectivo de buscar como, cando e por que estas proteínas deciden agruparse, á vez que centran os seus esforzos en detectar os primeiros agrupamentos para conducir a un diagnóstico temperán.
Escribe o teu comentario