A "causa orixinaria probable" da gastroenterite de Corme (Ponteceso) é a auga, di a Xunta
A Consellería de Sanidade mantén a recomendación de evitar tanto a inxesta como a manipulación de alimentos con auga da traída municipal de Corme-Porto no municipio coruñés de Ponteceso tras o brote de gastroenterite rexistrado na zona.
Podemos ou non beber auga da billa? pregúntanse os veciños da zona tras oír ao seu alcalde dicir que a calidade é boa e escoitar agora dicindo que recomenda non bebela. Todo un exemplo de falta de coordinación entre administracións que non teñen reparos, iso si, de golpearse dialécticamente entre liñas.
A Consellería de Sanidade mantén a recomendación de evitar tanto a inxesta como a manipulación de alimentos con auga da traída municipal de Corme-Porto no municipio coruñés de Ponteceso tras o brote de gastroenterite rexistrado na zona.
Operarios do Concello de Corme repartindo auga en botella / crtvg
A CRISE EMPEZOU O DOMINGO
Así mesmo, Sanidade informou nun comunicado de prensa da "diminución de casos de gastroenterites que se rexistraron no transcurso destes días".Así, lembrou que os primeiros casos producíronse o domingo 22 de setembro e a Consellería, tras detectar "un número elevado dos afectados", declarou "a alerta sanitaria de modo inmediato, actuando coa máxima celeridade en poucas horas".
Por iso, insistiu Sanidade en que "desde o primeiro momento, contactou co Concello de Ponteceso, que é o responsable do fornezo da auga, comunicándolle cal era o procedemento para seguir".
ORIXE INCERTA AÍNDA
Os expertos do equipo do brote, no mesmo día da súa constitución detectaron que "todos os casos enquisados tiveron exposición á auga da traída, ben bebéndoa, ben empregándoa para o lavado de froita e verduras", explicou Sanidade.
Por iso, "polos síntomas e o período de incubación o brote é compatible cunha gastroenterite por norovirus", destacou Sanidade, que lembrou que "de inmediato" se iniciou unha recollida de mostras para o análise da auga.
"Os procedementos da analítica necesitan dun período de varios días, polo que non se terán os resultados, polo menos, ata o venres 27", comentou a Consellería.
Neste sentido, "ata a obtención dos resultados de norovirus, a Consellería de Sanidade mantien a recomendación de evitar a inxesta e manipulación de alimentos coa auga da traída municipal de Corme-Porto".
NOVOS CASOS POR CONTAXIO
Aínda que a "causa orixinaria probable sexa a inxesta da auga", Sanidade advirte de que poden aparecer "novos casos illados" por contaxio entre as persoas
NIN TRABALLO NIN ESCOLA PARA Os ENFERMOS
Por iso, recomenda lavar ben as mans, así como evitar os alimentos e a auga contaminados. No caso de ter síntomas, aconsella, así mesmo, permanecer en casa sen ir traballar, "especialmente se o traballo implica manipulación de alimentos". E engade que os nenos afectados "non deben asistir á escola ou á gardería".
Escribe o teu comentario