Un inspector de Traballo non comparece no xuízo por un club de alterne

|

O dono do presunto prostíbulo só dera de alta na Seguridade Social a 13 dos máis de 40 empregados, segundo a fiscalía, pero o xuízo segue sen celebrarse por diversos aprazamentos, o último causado pola ausencia dun funcionario


A Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra suspendeu o xuízo por un delito contra os dereitos dos traballadores sinalado para este martes contra o responsable dun club de alterne do municipio pontevedrés de Mos.


Trata prostitucion

Imaxe de arquivo dun club de alterne

O xuízo xa fora suspendido en anteriores ocasións, pero esta vez o motivo foi a incomparecencia do inspector de traballo citado.

Ademais, a avogada da defensa alega que durante os últimos anos este establecimientou cambiou o administrador, polo que entenden que debe ser citado o novo responsable da empresa.


ENFRÓNTASE A TRES ANOS DE CÁRCERE

A Fiscalía solicita para o dono do club no ano 2014 unha pena de tres anos de cárcere e o peche do local durante cinco. O establecemento, rexistrado como Restaurante Hotel, estaba "dedicado a actividade de alterne e prostitución", segundo o escrito de acusación.

O Ministerio Público sostén que o acusado, en data 23 de outubro de 2014, "actuando coa intención de prexudicar aos traballadores e de infrinxir a normativa laboral", deu ocupación de forma simultánea a varias traballadoras do alterne que "debían someterse ao réxime laboral imposto polo acusado" consistente en respectar os horarios de apertura e peche do local, "atraer ou servir de reclamo aos clientes para incitarlles ao consumo de copas", de cuxo prezo total o club quedaba con 10 euros e a traballadora coa cantidade restante e "descontándoselle ademais cinco euros polo uso das sabas e entrega de preservativos".

A Fiscalía asegura que ese día o acusado deu ocupación laboral no devandito local a 41 traballadores, dos cales só 13 estaban dados de alta no Réxime Xeral da Seguridade Social pola citada empresa (dous porteiros, cinco camareiros, un encargado, tres limpadoras e o encargado de seguridade e administrador do establecemento).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress