A Mesa protesta en Ikea polos catálogos en galego: poucos e escondidos
A plataforma ‘A Mesa pola Nornalización Lingüística’ protestou na tenda de Ikea no centro comercial de Marineda City polo escaso número de catálogos impresos en galego.
A plataforma ‘A Mesa pola Nornalización Lingüística’ protestou na tenda de Ikea no centro comercial de Marineda City polo escaso número de catálogos impresos en galego.
Protesta da Mesa no Ikea
Cunha pancarta que rezaba ‘Ikea faise o sueco co galego – Vi vill ha galiciska på Ikea (Queremos galego en Ikea)’, os membros da plataforma mostraron o seu enfado coa compañía sueca, que aínda que conta cun catálogo dos seus produtos en galego o número destes impresos insuficiente e non están á vista.
De feito, o catálogo en galego está tan “escondido” na tenda, que os membros da plataforma repartiron planos aos clientes para que os usuarios puidesen atopar o impreso. Desde A Mesa, animan aos clientes que posúen o plano que indica onde se poden atopar os catálogos en galego a que inicien unha cadea para que o plano vaia de man en man e chegue ao maior número posible de potenciais clientes.
Plano facilitado pola Mesa aos clientes de Ikea
PROBLEMAS NA WEB
Doutra banda, a multinacional sueca, cunha tenda no centro comercial coruñés das Cancelas, ademais dun espazo de deseño en Vigo e puntos de recollida en Lugo, Pontevedra e Ourense, só ten na súa web as versións do catálogo en castelán, inglés e catalán, deixando ao galego nun segundo plano. “Ikea esqueceu o galego e non responde os correos que lles enviamos para lembrarllo!”, denuncia a plataforma.
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) September 20, 2019
Nese sentido, A Mesa insta os clientes que envíen un correo electrónico á dirección de mail da empresa para reclamar que dispoñan a versión en galego na súa web ou que directamente presente unha queixa ante atención ao cliente. Á súa vez, piden aos afectados que envíen unha copia das súas reclamacións á Mesa a través da súa canle ‘Liña do galego’ para poder “facer seguimento das queixas presentadas e aumentar a presión”.
Escribe o teu comentario