A polémica sobre se son seguras ou non as termas de Ourense continúa
A Universidade de Vigo, a pedimento do concello, emitiu un informe aclaratorio que conclúe que cumpren con todos os requisitos
As termas de Ourense están a xerar moito debate esta semana. Primeiro, o partido líder da oposición alertou, en base a un informe do Colexio de Farmacéuticos, da contaminación das balsas, outro concelleiro opositor -o líder de Cidadáns Pepe Araujo- bañouse ao Fraga para demostrar o contrario e finalmente hoxe un informe da universidade que indica que son aptas para o baño, pero unhas máis que outras.
Apoio sen reservas ás nosas zonas termais!💪🍊#ActualidadCs #TermalismoOurense #OurenseTermal@PepeAraujoCs @LaureanoBermejo @CsGalicia @CsOurense pic.twitter.com/1pGC6SfjWM
— Cs Ourense (@CsOurense) September 12, 2019
Así o recolle o documento cos resultados microbiológicos obtidos a partir das mostras de auga recollidas nos espazos termais de uso público e que foi entregado no rexistro do Concello, a pedimento da concellería de Termalismo.
Á vista dos resultados, o mesmo laboratorio, encargado de realizar os informes mensuais das augas termais, pon de manifesto que "os espazos termais cumpren cos requisitos establecidos pola lexislación vixente relativa ás augas de baño".
ACUSACIÓNS DOS SOCIALISTAS
As conclusións do informe aclaratorio solicitado desde a concellería de Termalismo desmenten as acusacións vertidas polo grupo municipal socialista que aludía á "contaminación tóxica" das augas termais.
Despois de tal acusación, tanto PP como DO negárono e pediron ao PSOE que se desculpase. Cidadáns foi máis aló e o seu concejar Pepe Araujo fixo un vídeo ao Manuel Fraga en Pombais para demostrar a súa confianza nas augas, un dos poucos motores económicos da cidade.
Así mesmo, no apartado final do documento, o persoal do laboratorio incide na necesidade de facer uso das augas termais "seguindo estritamente as normas establecidas".
UNHAS MELLORES QUE OUTRAS
Concretamente, a valoración dos resultados, realizada en función do establecido na lexislación de augas de baño, recolle que as augas da piscina termal das Burgas e das zonas de Ou Muíño e Burgas de Canedo presentan unha calidade boa. Mentres que as termas situadas na Chavasqueira e Outariz reúnen a calidade suficiente para non supoñer un perigo para a saúde dos seus usuarios.
Escribe o teu comentario