Condenado a 47 anos de prisión o home declarado culpable do dobre asasinato de Arbo
O xurado emitiu o seu veredicto o mes pasado, no que concluíu que o acusado matou "intencionada e voluntariamente" a ambos.
O condenado, no seu traslado á Lama.
Arturo D.S., o home declarado culpable polo xurado popular do dobre crime de Beatriz Domínguez e Sergio Rodríguez, cuxos cadáveres foron localizados en xullo de 2015 nun monte da localidade pontevedresa de Arbo, foi condenado a unha pena total de 47 anos de prisión.
Segundo avanzou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o home foi condenado a 24 anos de prisión pola morte da muller, que era a súa ex compañeira sentimental e nai dunha filla en común, e a 23 anos de prisión pola morte do home e nova parella dela.
O pasado 24 de outubro o xurado emitiu o seu veredicto, polo que declarou ao acusado culpable de matar "intencionada e voluntariamente" a ambos "de forma sorpresiva, sen que tivesen posibilidade de defenderse" aproveitando o lugar boscoso no que se atopaban a esas horas da madrugada.
Escribe o teu comentario