O xurado declara culpable, por unanimidade, ao acusado polo dobre asasinato de Arbo

Piden para el ata 50 anos de prisión, ao considerar probado que matou "intencionada e voluntariamente" a súa ex parella e o noivo desta.


|

CrimenarboO detido, no seu traslado á Lama.


O xurado declarou culpable, por unanimidade, a Arturo D.S. do dobre crime de Beatriz Domínguez e Sergio Rodríguez, cuxos cadáveres foron localizados en xullo de 2015 nun monte da localidade pontevedresa de Arbo.


Este martes pola noite renovouse o xuízo para escoitar a lectura do fallo por parte do portavoz do xurado.


En concreto, declara ao acusado culpable de matar "intencionada e voluntariamente" a súa compañeira sentimental e a súa actual parella "de forma sorpresiva, sen que tivesen posibilidade de defenderse" aproveitando o lugar boscoso no que se atopaban a esas horas da madrugada.


Así mesmo, considera "feitos probados" que Arturo mantiña un comportamento "posesivo, controlador e violento" con Beatriz, á que vixiaba de maneira continua por diferentes vías e medios.


No seu fallo, o xurado recolle algúns dos testemuños achegados durante a vista oral, nos que se declaraba que o acusado dixera que Beatriz "ou era para el ou non era para ninguén" e tamén "que mataría se non estaba con el". Así mesmo considera "probado" que o agora condenado era un tirador experto no manexo de armas de fogo.


Tamén, por maioría de 8 membros do xurado a favor e un en contra, consideran probado o estudo da Garda Civil sobre o teléfono do acusado, que se activou en varias antenas repetidoras de Arbo, entre elas unha moi próxima ao lugar onde apareceron os cadáveres e que os teléfonos de Arturo e Beatriz se conectaron, a través dunha mensaxe de WhatsApp, "á mesma hora, minuto e segundo" á mesma antena repetidora.


Finalmente, que xa ás 5.13 horas, "cando Beatriz xa estaba morta", o seu teléfono volveuse activar e conectou cunha antena próxima a Padrenda, onde vivía o acusado. Así, o xurado considera que Arturo dispuxo de "tempo suficiente" para abandonar o lugar onde cometeu o crime e "desfacerse das probas" incriminatorias, incidindo na súa "falta de colaboración" desde o inicio da investigación do caso.


O fiscal mantivo a súa petición de 23 anos de prisión por cada asasinato, unha pena que eleva a 50 anos a acusación particular. Así mesmo, solicitou que un mínimo de 40 anos sexan de cumprimento efectivo da condena.


Ademais, tamén solicitan a imposición dunha indemnización para as familias da vítimas atendendo aos baremos sinalados na Lei de Responsabilidade Civil, a máis destacada é de 300.000 euros para a filla en común que tivo o acusado coa vítima, da que solicitan que lle sexa retirada a patria potestade.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE