Sinistro mortal ao chocar contra un poste de formigón un turismo en Arteixo

Un mozo, C.C.R. de 18 anos de idade, perdeu a vida na tarde deste xoves en Arteixo (A Coruña) tras saír da vía co seu vehículo e chocar contra un poste de formigón.


|

ACCIDENTE MORTAL ARTEIXO mozo 18 anos coche poste formigon
O vehículo quedou en tal estado que os bomeros   tiveron que escarcear o corpo da nova  - CRTVG


Segundo informou a Garda Civil, o suceso produciuse sobre as 14.45 horas na estrada CM-0398, no punto quilométrico 2,800.

Até o punto desprazáronse os Bombeiros de Arteixo, a Policía Local, a Garda Civil, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e Protección Civil de Arteixo.

Precisamente os bombeiros tiveron que facer uso do material de excarceración para liberal ao home, por cuxa vida nada puideron facer os profesionais sanitarios.

Foron varios os particulares os que alertaron aos servizos de emerxencias, indicando que a situación era grave e que a persoa estaba atrapada. Con todo, unha vez no lugar, os sanitarios non puideron salvar a vida do novo, a pesar de que se desprazou até alí unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE