Nova xornada de moviliazaciones nas subcontratas de R pola deslocalización
Traballadores de subcontratas de R secundaron este mércores unha nova xornada de protestas contra a deslocalización, neste caso cunha concentración ante a sede da compañía no polígono da Grela.
Como en anteriores mobilizacións, a última este martes ante a sede da empresa na rúa Real, os traballadores portaron pancartas co lema 'Non á deslocalización. Pola defensa dos postos de traballo en Galicia'.
Segundo a CIG, en empresas como Comfica ou en Colabora non se materializaron despedimentos "por agora", aínda que apuntaron que en Indra non se renovou a cinco traballadores temporais. "E proximamente terminan máis contratos temporais", lembraron representantes da central sindical.
Por outra banda, indicaron que traballos como a vixilancia da rede, entre elas o servizo que se presta a administracións públicas como a Xunta ou concellos, está a facerse por parte de persoal contratado en Asturias.
Nas mobilizacións, convocadas por CIG, CC.OO. e UXT, os sindicatos denunciaron tamén a ausencia de contactos con Euskatel, á vez que reclamaron á Xunta a súa implicación en "a defensa" dos despedimentos.
Escribe o teu comentario