Descontos de ata 2.500 euros nos coches da Feira Internacional de Silleda

A empresa pública destaca tamén "a garantía que ofrecen as empresas e as boas condicións de financiamento, no cal o aforro pode incrementarse de maneira importante".O custo da entrada é de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poden acceder de forma gratuíta.


|

O mercado de coches en Galicia languidece -cunha caída do 32% en agosto- entre as dúbidas sobre os motores de combustión e os temores a que a retardación económica desemboque noutra crise antes de que superemos o crack do ladrillo. Unha boa ocasión para que o sector salga da súa apatía é o II Outlet Car Silleda, organizado por OK Eventos.



Venda coches feira silleda comercio crise outlet car silleda DSC06730



O mercado abriu esta mañá as súas porta no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. Ata o domingo mostrará 500 vehículos seminovos, quilómetro cero e de segunda man expostos por 19 empresas, tanto oficiais como compravendas, de distintos puntos de Galicia.


A Feira informa que os visitantes poderán escoller entre unha ampla variedade de marcas e modelos, "con interesantes descontos que irán aproximadamente desde os 500 e 1.000 euros nos vehículos máis baratos ata 2.000 e 2.500 euros en opcións de maior prezo". A empresa pública destaca tamén "a garantía que ofrecen as empresas e as boas condicións de financiamento, no cal o aforro pode incrementarse de maneira importante".


O custo da entrada é de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poden acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira, que conta con servizo de restauración, é de 10.00 h a 20.00 h os tres días.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE