O marido de Marta Ortega, Carlos Torreta, traballará en Zara.com
Carlos Torreta, marido de Marta Ortega, incorporouse a traballar a Inditex, concretamente á área de comunicación da división de e-commerce de Zara (Zara.com), segundo confirmaron a Europa Press en fontes do grupo galego.
O xenro de Amancio Ortega, con experiencia previa no mundo da moda, traballará en Arteixo, como a súa esposa

Desta forma, o xenro de Amancio Ortega desempeñará a partir deste mes o seu labor profesional nas oficinas centrais de Inditex en Arteixo (A Coruña), onde tamén desenvolve o seu traballo Marta Ortega, coa que casou en novembro do pasado ano.
Carlos Torretta, fillo do deseñador arxentino Roberto Torretta e da empresaria Carmen Echevarría, é graduado en Belas Artes e Relacións Públicas na Universidade de Pace de Estados Unidos e conta cunha dilata experiencia laboral no mundo da comunicación e da moda. De feito, durante varios anos, Torretta traballou en Elite Model, primeiro en Nova York e despois en España.
Escribe o teu comentario