Investigan o roubo de corrente de dúas vivendas e atópanse 13 quilos de marihuana ​

A Garda Civil do Posto de Santa Comba detivo a dous individuos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación de fluído eléctrico, despois de que os axentes localizasen unha plantación de marihuana cando investigaban a subtracción de corrente.




|

A Garda Civil do Posto de Santa Comba detivo a dous individuos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro de defraudación de fluído eléctrico, despois de que os axentes localizasen unha plantación de marihuana cando investigaban a subtracción de corrente.


Plantación de marihuana intervida pola Garda Civil en Gondomar


Os feitos ocorreron por mor das investigacións realizadas por efectivos da Garda Civil ante a trasfega de vehículos de diferentes marcas e modelos en dúas vivendas de Santa Comba.

Así, a Garda Civil realizou durante o últimos seis meses vixilancias esporádicas dos dous inmobles en diferentes franxas horarias, constatando que en cada un deles vivía un dos detidos, aínda que se relacionaban diariamente entre se.


Ademais, os axentes detectaron que as vivendas presentaban unha conexión ilegal ao tendido eléctrico. A Garda Civil contactou coas empresas subministradoras de enerxía eléctrica, que corroboraron que había un consumo moi elevado para ser vivendas.


A Garda Civil solicitou entón autorización xudicial para o rexistro de ambos os inmobles, "dado que todos os indicios sinalaban a posible comisión dun ilícito no seu interior". Así localizaron 325 plantas de marihuana, cun peso de 7,750 quilogramos na primeira das vivendas, e 188 na segunda, cun peso de 5,550 quilos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE