Un home mata o seu irmán cun 'sacho' en Salceda de Caselas

Un home matou ao seu irmán ao golpealo cunha aixada no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas, segundo informaron fontes próximas á investigación a Europa Press.

|

Un home matou ao seu irmán ao golpealo cunha aixada no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas, segundo informaron fontes próximas á investigación a Europa Press.


Ambulancias no Hospital Clínico de Santiago.


Os feitos ocorreron sobre as 20,30 horas do venres nunha leira da familia. O agresor, de 49 anos, chamou á Garda Civil para informar dos feitos ocorridos tras unha discusión.

Á chegada dos axentes, a vítima, de 51 anos, aínda estaba con vida. Aínda que foi trasladado en ambulancia faleceu no hospital debido á gravidade das feridas. O agresor atópase detido á espera de pasar a disposición xudicial.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE