Jorge Prado conquista a súa segunda coroa mundial
O lucense logra o seu segundo cordón consecutivo con só 18 anos na categoría de MX2.
O lucense logra o seu segundo cordón consecutivo con só 18 anos na categoría de MX2.
O piloto de Lugo retivo o título mundial / Foto: @jorgeprado61
Nada se lle resiste se está subido no seu KTM, esa que o levou a proclamarse por segunda ano consecutivo como o mellor piloto de motocrós do mundo no campionato de MX2. Poucos dubidaban de que Jorge Prado pasase polo circuíto sueco de Uddavella sen apuntarse outra marca de vitoria no seu casco. Esta conquista que supón, a falta de tres carreiras, reter o cetro mundial antes de dar o salto á categoría reina do motocrós.
Prado dominou a proba, aínda que o galego tivo que aguantar o ímpeto de Tom Vialle, que cruzou a liña de meta 1,18s por detrás do xa bicampión mundial, que meteu un machadazo de máis de 23s a Henry Jacobi, que completou o caixón do circuíto sueco.
“O ano pasado foi moi especial porque gañei o meu primeiro título, pero este ano tamén foi un ano de moitísimo traballo e esforzo e estou moi orgulloso porque nos saíron as cousas moi ben e case todo saíu perfecto durante a tempada”, comentou un exultante Prado, ao que só as lesións e o infortunio apartárono de facer un pleno de vitorias antes de proclamarse campión.
Agora si que si! Campión do Mundo!!! 🏆🏆#SixT1 #MX2 #WorldChampion🇪🇸🍾 pic.twitter.com/FA1dHbF4KQ
— JORGE PRADO GARCÍA (@jorgeprado61) August 25, 2019
Agora espéralle a MXGP, onde buscará proclamarse campión de campións, pero antes debe dar o do de peito liderando a España na MXoN, o Motocrós de Nacións do próximo 29 de setembro. Con só 18 aniños, o mundo do motor xa rende pleitesía ao novo rei sobre dúas rodas.
Escribe o teu comentario