Falece unha octoxenaria atropelada por un ciclomotor en Vigo
Redacción |
Martes, 20 de Agosto de 2019, 17:12
Unha muller de 82 anos de idade, E.I.F., natural de Valladolid, faleceu en Vigo como consecuencia das feridas que sufriu ao ser atropelada por un ciclomotor.
Segundo informou a Policía Local, o atropelo tivo lugar na rúa Pizarro, pasadas as 11,30 horas dese luns, cando a muller foi arroiada por un ciclomotor conducido por un mozo de 20 anos de idade.
Cando a patrulla do 092 chegou ao lugar do sinistro, atopouse ao motorista e á anciá tirados na calzada. Mentres que o condutor resultou con feridas leves, a muller foi trasladada a un centro hospitalario con lesións graves, onde acabou falecendo.
A Policía investiga agora a circunstancias do accidente, que obrigou a cortar momentaneamente o tráfico.
Escribe o teu comentario