O SERGAS dá os primeiros pasos para a ampliación do centro de saúde do Porriño

O Servizo Galego de Saúde confirmou a licitación, por case 75.000 euros, do proxecto básico e de execución da ampliación do centro de saúde do Porriño (Pontevedra), o que permitirá gañar uns 700 metros cadrados de superficie útil nas existentes instalacións.

|

O Servizo Galego de Saúde confirmou a licitación, por case 75.000 euros, do proxecto básico e de execución da ampliación do centro de saúde do Porriño (Pontevedra), o que permitirá gañar uns 700 metros cadrados de superficie útil nas existentes instalacións.


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presenta a estratetegia


O conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña

Segundo informou a Consellería de Sanidade, o prazo de execución deste proxecto é de dous meses e medio, e as obras traduciranse nun maior espazo tanto na área de urxencias (PAC), como na área médica e pediátrica, para unhas instalacións que atenden a unha poboación dunhas 20.000 persoas, das que 3.000 son menores de 14 anos.


En base ao plan funcional aprobado, o centro de saúde dispoñerá de dúas novas consultas de medicina xeral (pasa de 6 a 8); unha nova consulta de enfermería (ata chegar a 6); unha consulta de matrona; unha sala de cirurxía menor; unha sala polivalente; e unha consulta e un ximnasio de fisioterapia. Así mesmo, conta cunha sala de educación maternal, unha consulta de farmacia, unha para odontoloxía, unha sala de toma de mostras, e outras dependencias.


Na área de pediatría, pasará de 2 a 3 consultas; terá unha nova consulta de enfermería pediátrica (ata sumar dúas), e unha consulta polivalente de pediatría, ademais de sala de espera e aseo.


Con respecto ao Punto de Atención continuada (PAC), ampliaranse as consultas de medicina xeral (de 1 a 3), as consultas de enfermería (de 1 a 2), e contará cunha nova sala de observación.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE