Agasallos na apertura do maior Lidl da Coruña

|

A cadea de orixe alemá asegura que creou sete novos postos de traballo no novo comercio do Parque Ofimático


Os concelleiros de Urbanismo e de Turismo e Comercio do Concello da Coruña, Juan Díaz Villoslada e Diana Sobral, respectivamente, visitaron este mércores a nova tenda de Lidl, cuxa posta en marcha "permitirá mellorar o servizo aos coruñeses -en barrios como Eirís, Matogrande e As Flores- e ofrecerlles un maior fornecido con referencias galegas e unha sala de vendas de máis de 1.400 metros cadrados", destacou a empresa.


Lidl inviste máis de 3 millóns en abrir a súa tenda


O novo establecemento abrirá de luns a sábado de 9.00 a 22,00 horas e "contará con medidas de eficiencia enerxética acordes cos estándares máis esixentes de Lidl en materia de sustentabilidade", asegura a compañía, "converténdose por exemplo no primeiro da compañía en Galicia en incorporar puntos de recarga para vehículos eléctricos no seu aparcamento", abundou.

Lidl aterrou hai 21 anos en Galicia, onde a día de hoxe pon ao dispor dos seus clientes unha rede de 31 tendas e conta un persoal de máis de 650 empregados, asegura a empresa.

AGASALLOS
Durante a xornada de apertura, Lidl ofrecerá unha degustación de queixos e patacas fritas galegas e regalará bolsas de rafia e ramos de flores entre os seus clientes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress