9 de cada 10 novos contratos son temporais pero a Xunta presume que "a maioría do emprego é de calidade"

Os datos de paro de xullo dan para diversas lecturas. O que é evidente, mire por onde se mire, é que cada vez se destrúe menos desemprego, aínda que o paro segue reducíndose. Máis aló desta desacelaración, sindicatos e Goberno discrepan. Para a Xunta o importante é que o 75% traballa a tempo completo, mentres que os tres principais sindicatos demostran con cifras que o único que crece constantemente é a precariedade.


|

Os datos de paro de xullo dan para diversas lecturas. O que é evidente, mire por onde se mire, é que cada vez se destrúe menos desemprego, aínda que o paro segue reducíndose. Máis aló desta desacelaración, sindicatos e Goberno discrepan. Para a Xunta o importante é que o 75% traballa a tempo completo, mentres que os tres principais sindicatos demostran con cifras que o único que crece constantemente é a precariedade.


Os sindicatos avisan, por mor dos datos do paro rexistrado que publica este venres o Ministerio de Traballo, de que "o que non para de crecer é a precariedade laboral e a temporalidade".


O paro rexistrado en Galicia en xullo


En xullo formalizáronse 121.098 contratos temporais para tan só 12.290 afiliacións máis. Os contratos temporais crecen nun 23,9 % fronte a un 6,8 % os indefinidos. Isto reflicte a "raquítica" duración dos contratos rexistrados, en opinión de Comisións Obreiras. 


A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, lembra que boa parte destas contratacións corresponden ao sector servizos, o cal dá unha "imaxe clara da intensa precariedade e estacionalidade do emprego creado".


Nun comunicado, a CIG apunta que "unicamente o 6,6% dos contratos subscritos neste período foron rexistrados baixo algunha modalidade de contratación indefinida". "Ou o que é o mesmo: nove de cada 10 contratos foron temporais", apostila.


Ademais, o sindicato nacionalista engade que " asináronse un total de 121.098 contratos, o que mostra unha rotación do emprego elevadísima, xa que as persoas anotadas como paradas diminuíron só en 4.328".


Pola súa banda, UXT chama a atención sobre que "aumenta a mala calidade do emprego", debido a que, "só o 6,61% da contratación é indefinida".


No que ten que ver co desemprego, esta central sindical achega o dato de máis de 70.000 parados "fóra do sistema" na comunidade autónoma.


ESTAMOS NA ENTRADA DOUTRA CRISE?

CC.OO. afirma, de feito, que "Galicia lidera a precariedade laboral no estado cun aumento catro veces superior dos contratos temporais".


"A economía se desacelera e Galicia perde a oportunidade de crear emprego de calidade", lamenta esta organización.


A XUNTA CARGA CONTRA O ESTADO

Unha visión negativa que tamén comparte a Xunta, pero só para España, claro. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou a "mala noticia para España" que supoñen os datos do paro deste venres, debido á redución da caída do paro. 



Pola súa banda, reivindicou que Galicia "mantén a posición de liderado" tanto en baixada do desemprego como en altas na Seguridade Social.



O mandatario non fixo ningunha referencia á altísima precariedade d elos novos contratos. Pola contra, tirou das cifras globais para presumir dun suposto". 


Francisco conde declaracións



Na comunidade galega, indicou para concluír, "a maioría de emprego é de calidade", debido a que, de acordo cos seus datos, "tres de cada catro persoas teñen un contrato indefinido" e "nove de cada 10 a tempo completo".


relacionada Máis turismo fai que Galicia sexa segunda en destrucción de paro este verán

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE