A maioría absoluta estaría ao alcance do PSOE en Galicia, segundo o último barómetro do CIS

Grandísimos e moi sorpendentes datos para o PSdeG no último barómetro do CIS. Non é que os socialistas superen ao PP en Galicia, é que os duplican no principal indicador, o que suma intención de voto máis simpatía.


|

Grandísimos e moi sorpendentes datos para o PSdeG no último barómetro do CIS. Non é que os socialistas superen ao PP en Galicia, é que os duplican no principal indicador, o que suma intención de voto máis simpatía.


Así, o instituto público outorga ao PSOE 40,2 puntos, fronte aos 18 dos conservadores. Fai xa varios barómetros que o CIS sitúa ao PSOE diante do PP no país, ou practicamente igualado. Pero nunca se produciu unha diferenza tan enorme, de case 20 puntos.


Cis xullo 2019




Por exemplo, no barómetro de marzo de 2019 aparecían practicamente empatados, 21,4 fronte a 21,9. No barómetro de setembro de 2019 os socialistas sacaban aos conservadores unha lixeira vantaxe de 2,5 puntos. 


A que se debe este estirón socialista, que pasan de 21,9 puntos en marzo a másd e 40 en xullo? Parece que a vitoria socialista nas xerais favorece, e moito, ao PSdeG. Agora ben, o traballo de campo desenvolveuse entre o 1 e o 11 de xullo, polo que non puido captar o impacto do fracaso das negociacións con Podemos.


VOX E PODEMOS DERRÚBANSE

Moi lonxe dos dous primeiros partidos, aparece Cidadáns en terceira posición, con 7,2puntos (cae desde os 8,7 puntos de marzo). Os laranxas están por diante de Unidas Podemos, que se derruban desde os 8,1  puntos de marzo ata os  4,6 hoxe.  A metade do seu apoio Vox, con só un punto e medio.


O CIS non pregunta nin por En Marea nin polo BNG, a pesar de que o Bloque presentou unha reclamación no pasado e en teoría o instituto público ía atender a súa solicitude. A ausencia destas dúas opcións pode explicar porque o epígrafe "outros partidos" suma 6,2 puntos.


Supoñendo que parte deses 6,2 puntos irían ao Bloque e a En Marea, de darse estes resultados nunhas autonómicas o ano que vén, o PSOE non tería dificultades para formar goberno en San Caetano. De feito, quedaría preto da maioría abosulta; pois o PPdeG logrou 41 deputados (tres máis dos necesarios para gobernar en solitario) co 47% dos votos.


O barómetro, a pesar de ser historicamente a enquisa con mellores predicións -alimentadas por unha ampla base de preguntas- xerou moita polémica no pasado. En Galicia, o presidente de la Xunta hao desecreditado en anteriores ocasións. "O CIS era un instituto serio e independente e un instituto do que a xente se fiaba. Agora vemos as enquisas do CIS simplemente para facer faladoiros e gracejos, e isto preocúpame desde o punto de vista do respecto ás institucións",dixo en febreiro. 


Díxoo antes de que o CIS fose o que máis acertase nas súas predicións nas eleccións xerais, adiantando o sorprendente e histórico adiantamento do PSdeG ao PPdeG. Está por ver se agora Alberto Nuñez Feijóo volve desacreditar as intencións do amentado por todos José Felix Tezanos,presidente do CIS.


Neste barómetro de xuño, o CIS outorgou ao PSOE a nivel estal unha intención directa de voto do 39,5%, dez puntos por encima do seu resultado electoral do 28 de abril.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE